xoves, 7 de novembro de 2013

MARCAMOS AS NOSAS "VIAXES"

Esta semana levantámonos das cadeiras e achegámonos todos ao taboleiro, alí no mapa sinalamos os lugares mencionados no libro Tristes Armas.
Tivemos a idea de marcar cada lugar cunha tachola e a viaxe cun fío vermello que une os diferentes sitios polos que pasaron os personaxes desta novela, eliximos esta cor do fío porque o vestido de Harmonía na portada do libro é desta cor e é a utilizada tamén por Rosa para pintar a galiña da súa carta.

Marcamos as viaxes das nenas Harmonía e Rosa : Galicia -  San Petersburgo- Kirov - Moscú - Galicia.
Tamén as viaxes da nai delas: Galicia - Fronteira francesa - Marsella - Bos Aires - Estados Unidos.
E, como non, tamén as viaxes da carta, que nunha ocasión se encontrou  no mesmo lugar que a nai das nenas sen esta sabelo: San Petesburgo - Fronteira francesa- Madrid - Galicia.














O NOSO TABOLEIRO

Esta semana tivemos reunión do club de lectura o mércores e o xoves. Estamos enchendo o taboleiro do noso club e puxemos na parte central un mapa do mundo para marcar as nosas "viaxes de lectura" e na parte esquerda deixamos sitio para colocar os títulos que imos lendo, imaxes dos autores e suxerencias ou opinións que nos xurdiron coa lectura de cada libro. O noso taboleiro está na biblioteca e quen queira velo pode pasar por alí e botarlle un vistazo.


TABOLEIRO DO CLUB DE LECTURA


O MAPA DAS NOSAS "VIAXES"